Descripción del producto
Santiago (Xacob en hebreo) e o seu irmán Xoán, ós que Xesús de Nazaret alcumou os Boanerges (“Fillos do Trono”) polo seu impetuoso temperamento, deixaron o seu oficio de pescadores para seguir ó “Nazareno”, ata que despois da súa morte todo os seus discípulos esparexéronse para predicar a súa doutrina:
“…recibiredes a forza do Espírito Santo, que virá sobre vós e seredes as miñas testemuñas en Xerusalén, en toda Xudea e ata os confíns da Terra”.
Desta maneira, tal e como fixeron o resto dos apóstolos -caso de Andrés en Escocia e o seu propio irmán Xoán en Turquía-, foi como Santiago cumpriu coa súa viaxe catequizadora na Península Ibérica. Partindo desde Andalucía viaxou por Portugal, Galicia e Aragón, regresando desde un porto da nosa coste mediterránea a Palestina, onde no ano 46 d. C foi decapitado por orde de Herodes.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.