Descripción del producto
As cidades son organismos en continua evolución, e nestes procesos sempre hai proxectos que non chegan a materializarse, pero que dalgún xeito existen e están presentes na imaxinación e na lembranza, como realidades alternativas que puideron ser e non foron.
‘Santiago Proxectado, arquitecturas non construídas’ é un libro que recolle e profunda nunha selección de catorce proxectos nunca realizados na historia de Compostela, incluídos na exposición homónima. Arquitecturas plausibles, utópicas, teóricas ou rompedoras que convidan a imaxinarmos unha cidade que nunca existiu, composta de espazos urbanos que hoxe concibiriamos dunha maneira completamente diferente.
Os proxectos recollidos neste traballo reflicten a vivacidade dunha cidade que medra arredor da súa Catedral, que imaxinou o seu crecemento en consonancia coa súa propia maxestosidade e que inspirou a arquitectos de acó e acolá a definiren novas paisaxes urbanas nunha cidade que esperta unha profunda sedución.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.